FINALIZOU O PLAZO DE XUSTIFICACION DAS AXUDAS DE ADSG 2009


O pasado venres día 30/10 finalizou o prazo de entrega da documentación técnica e económica dos programas zoosanitarios das ADSG que optaron a subvención da Consellería do Medio Rural para a cofinanciación do seu Programa Zoosanitario. Durante os últimos días, tanto veterinarios responsables como os servizos administrativos de ADSGestion (e tamén os centros dispensadores de zoosanitarios) tiveron que afrontar un esforzo extra para que a documentación puidera estar a tempo nos Servizos Veterinarios Oficiais.
Nesta anualidade, informatizaronse, contabilizáronse e tramitaronse as memorias das ADSG Terras do Tambre, ADSG Rio Narla, ADSG Castro de Rei, ADSG de Guitiriz, ADSG Salus Bovis, ADSG de Irixoa e ADSG de Abadin.