O REGULAMENTO TÉCNICO DE PRODUCIÓN DE LEITE DE CERTICAR S.L., ESQUEMA DE CALIDADE RECOÑECIDO A NIVEL ESTATAL



O Ministerio de Agricultura ven de recoñecer o regulamento técnico de produción de leite de CERTICAR S.L.. como Esquema de Calidade Recoñecido a Nivel Estatal, o que permitirá ós gandeiros amparados por este esquema acceder ás axudas que establece o RD 202/201 dentro dos pagamentos da P.A.C.

Neste sentido, os gandeiros que xa dispoñen da Certificación de Boas Prácticas na Producción de Calidade de Leite da S.G.C.G., recibirán tamén a finais de ano (unha vez realizadas as pertinentes comprobacións das calidades hixiénico-sanitarias a certificación amparada por este Regulamento Técnico.

Aínda que o recoñecemento a nivel estatal deste esquema de calidade xa é abondo ós efectos do cobro da PAC, por parte da Xunta de Galicia existe a intención de publicar en breve o recoñecemento oficial da certificación da S.G.G.C. a nivel autonómico.