Seminario sobre Neosporose e IBR
O pasado 18 de Febreiro organizouse un Taller de Traballo sobre Neosporose e IBR en Vacún, no que participaron 16 dos veterinarios de ADSGestion e ADSG vinculadas. O seminario foi dinamizado por Jorge Donatte Laffite, Responsable Técnico de Vacún de Leite do Laboratorio Intervet SP.
Dentro dos temas abordados, discutiuse a elección de animais para as mostraxes destas enfermidades (en función da edade, estado de xestación, etc); a transmisión horizontal da neosporose foi especial motivo de debate.
O vindeiro 3 de marzo celebraremos un novo seminario formativo, nesta ocasión abordando o tema "Tratamento da Mamite en Lactación e Secado".