Entra en uso unha nova aplicación informática para o Programa de Mellora da Calidade do Leite


Ó traveso da empresa filial Nattec S.L., elaborouse unha aplicación informática para a elaboración e xestión de Plans de Incumprimento e Follas de Recomendacións para aqueles gandeiros que teñan recibido notificacións por problemas de calidades (Células Somáticas, Bacterioloxía). A aplicación denomínase "LEITTEC", e permite unha rápida elaboración dos informes, que ademáis serán homoxéneos e doadamente consultables.
O programa foi xa distribuido ós técnicos de calidade do leite de ADSGestion SCG. Nun futuro próximo, cóntase dispoñer dunha evolución deste programa, de xeito que a elaboración dos informes se realice on line, e non a través de aplicacións instaladas no pc.
Na actualidade ADSGestion SCG está desenvolvendo un programa de Mellora da Calidade en preto de 700 explotacións de leite, englobadas na Agrupación Gandeira Central de Galicia.