A ADSG GALICIA CENTRO AMPLIADA A ORDES

Como resposta á demanda dun grupo importante de gandeiros, a ADSG Galicia Centro ampliou o seu ámbito de actuación para incluír o concello de Ordes. Como consecuencia, no momento actual a ADSG abrangue os concellos de Guitiriz, Aranga, Irixoa, Melide, Toques, Santiso, Tordoia, Cerceda, Abadín e Ordes; están asociadas á ADSG máis de 700 explotacións de vacún, con máis de 23.000 UGM en total.

O novo ámbito de actuación xa foi recoñecido pola Consellería de Medio Rural, o que conforma á ADSG Galicia Centro como unha das máis dimensionadas de Galicia.