PROGRAMA MASTER BOLONIA 2012



Unha representación de ADSGestion S.C.G. participou no “Programa Master Bolonia 2012”, organizado por Fatro Ibérica o pasado Xuño de 2011. O intenso programa incluíu unha visita ó Museo de Anatomía Patolóxica da Facultade de Veterinaria de Bolonia, así como un percorrido pola pranta de fabricación de Fatro, onde ademais de visualizar as condicións de fabricación de zoosanitarios, diversos especialistas ofreceron interesantes ponencias:
§  “A xestión da mamite na cría do gando leiteiro, centrándose no secado”, polo Dr. A. Barberio (Istituto Zooprofilattico delle Venezie – Vicenza)
§  "Uso e análise de datos da explotación nos programas de vixilancia e control da mamite”, polo Dr.. F. Testa (Dipartimento Patologia Animale Igiene e Sanità Pubblica Veterinaria Università Milano)                      

Dentro do programa, tamén se realizaron visitas a diversas explotacións de vacún  na área de Mantua, como a Granxa ERSAF, e a Azienda Agrícola Nordera, así como unha visita a un Caseificio onde se puido comprobar o particular xeito de producción do queixo Parmigiano Reggiano. Igualmente, o responsable técnico do Consorcio desta Denominación de Orixe impartiu unha interesante charla sobre o  "Sistema de Control de Calidad Parmigiano Reggiano "