CERTIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNS: inícianse os cursos de formación para gandeiros


En días pasados celebráronse as primeiras 4 tandas de cursiños para os gandeiros que participan no programa de certificación de explotacións de Leite.
Os cursiños, cunha duración de tres días cada un, celebráronse en Guitiriz e Castro Ribeiras de Lea. En cada unha destas localidades programáronse 2 cursiños, xa que pola filosofía dos mesmos o número de asistentes debe ser reducido para facilitar unha mellor participación.
En total, xa recibiron os cursos de formación máis de 60 gandeiros.
Nas vindeiras semanas, está prevista a celebración de novas edicións en Ordes (A Coruña), Betanzos e A Cabana.
Os cursiños foron impartidos por Patricia de Celis, da empresa Serclivet, coa que ADSGestión ten contrado o uso do Know How do proceso de certificación.