Mostrando entradas con la etiqueta ganaderia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ganaderia. Mostrar todas las entradas

CERTIFICACIÓN DE EXPLOTACIÓNS: inícianse os cursos de formación para gandeiros


En días pasados celebráronse as primeiras 4 tandas de cursiños para os gandeiros que participan no programa de certificación de explotacións de Leite.
Os cursiños, cunha duración de tres días cada un, celebráronse en Guitiriz e Castro Ribeiras de Lea. En cada unha destas localidades programáronse 2 cursiños, xa que pola filosofía dos mesmos o número de asistentes debe ser reducido para facilitar unha mellor participación.
En total, xa recibiron os cursos de formación máis de 60 gandeiros.
Nas vindeiras semanas, está prevista a celebración de novas edicións en Ordes (A Coruña), Betanzos e A Cabana.
Os cursiños foron impartidos por Patricia de Celis, da empresa Serclivet, coa que ADSGestión ten contrado o uso do Know How do proceso de certificación.

ADSGestion crea un Servizo de Identificación de Bovino


Diante das demandas dos gandeiros integrados nas agrupacións, ADSGestion procedeu á incorporación dun novo facultativo veterinario para realizar o control da Identificación Bovina dentro de varias das ADSG que teñen contratados os nosos servizos.
A identificación dos animais, xestión de altas/baixas, duplicados, etc, realizarase nas propias explotacións. A veterinaria responsable do Servizo, Amalia Vidal visitará con periodicidade semanal os distintos concellos, actuando a demanda dos gandeiros.
O sistema é cofinanciado polas ADSG e os propios gandeiros, para tentar que o custe sexa asumible polas explotacións.
Na actualidade, o servizo está a disposición dos gandeiros da ADSG GALICIA CENTRO, que engloba más de 500 explotacións, aínda que hai varias outras ADSG valorando a súa implantación.

A ADSG GALICIA CENTRO amplíase a CERCEDA

La recientemente creada ADSG GALICIA CENTRO, proveniente de la fusión de las ADSG de Guitiriz, Agrupación Gandeira de Abadin, ADSG Compostela (Tordoia), ADSG de Irixoa y ADSG Salus Bovis (Aranga), acaba de ampliar su ámbito de actuación.
Se han integrado en la misma casi medio centenar de explotaciones del Término Municipal de Cerceda (Provincia de A Coruña), limítrofe con el concello de Tordoia.
En la actualidad, continúan produciéndose nuevas incorporaciones a la ADSG, a medida que los ganaderos inician el programa zoosanitario.