Asamblea na ADSG de Abadin
O pasado 17/3/2010 celebrouse unha Asamblea Xeral Ordinaria da ADSG "Agrupación Gandeira de Abadín", que dende a súa constitución mantén contratados os servizos de ADSGestion SCG. Na citada Asemblea aprobaronse as contas do ano 2009 e un incremento de cotas do 50% para o ano 2010.
Finalmente, o Veterinario Responsable Juan Carlos Laxe realizou unha charla formativa, na que se resumiron diversos aspectos de interese sobre a IBR, BVD e Paratuberculose, expoñendo os resultados que se veñen obtendo na ADSG de Abadin. Para rematar o acto, celebrouse unha cena de confraternidade nun restaurante da vila.